Publicidad:
La Coctelera

Berridos do sur

Rosmando desde unha esquina esquecida de Europa

30 Mayo 2006

Feche e mudanza

Levaba un tempo querendo cambiar, ter un dominio propio onde poder facer o que Arturo Cousino denomina "plantación de webs" (eu voulle chamar "leira de webs") e outros experimentos.

Así que abro unha nova etapa na que tenterei ser menos rosmón. Polo de agora, sigo nun novo blog que non ten nin nome... pero terá.

servido por Rodrigo 2 comentarios compártelo

29 Mayo 2006

We Endure, ferramenta web para os deportistas

Hai uns días que vira unha web para levar un rexistro persoal de marcas deportivas.

Case sempre que vexo algunha nova web deste tipo teño o mesmo problema: non hai unha motivación detrás para utilizala, polo que avaliala faise máis difícil. Ah! pero hoxe comencei a nadar, por recomendación do fisioterapeuta; así que xa teño unha escusa perfecta para abrirme unha conta.

E como non podía ser doutro xeito, para calquer web 2.0 que se precia, podes engadir etiquetas as túas marcas.

Será útil? o tempo dirá. Eu, mentras tanto, vou ver se paso de lorcho a atún.

servido por Rodrigo 2 comentarios compártelo

29 Mayo 2006

Todo isto ten un sentido…

servido por Rodrigo 2 comentarios compártelo

28 Mayo 2006

Xornais en galego, problemas de usabilidade para os blogueiros.

Cando cito unha nova procuro enlazala á traduzón en galego, agora que teño a oportunidade. Pero estes sitemas de traduzón (De Dimensiona e Vieiros e o de Imaxin e A Voz) teñen algúns problemas de usabilidade para blogueiros.

O sistema de Dimensiona e Vieiros utiliza marcos, polo que coller a URL significa acceder ao código fonte da páxina e identificar o cacho de código correspondete. Poder, pódese facer; pero o traballo preciso é tan grande en comparación cun copia e pega da URL orixinal que choca frontalmente coa lei universal do mínimo mínimo esforzo. Os usuarios somos preguiceiros.

La Voz e Imaxín teñen un sistema que funciona mellor, xa que a URL da nova traducida é a que vemos na barra do navegador. Aínda así as novas da hemeroteca e do buscador non amosan tal botón de traduzón, aínda que si é posíbel traducilos fedellando nas URL. E non todo o mundo le ou cita as novas no mesmo día que se publican.

URL lista para enlazar coa traduzón ao galego

Eu lles pediría A Voz que me puxeran unha cookie para que sempre que accedese ao seu xornal detectase automáticamente que quero a versión en galego.

Aínda que postos a pedir máis, pediría simplemente que houbera máis novas escritas orixinalmente en galego.

servido por Rodrigo 4 comentarios compártelo

27 Mayo 2006

Quen puidera estar en Montreal

Eu fico aquí, pero estarei pendente das aventuras de María en Montreal.

servido por Rodrigo 1 comentario compártelo

27 Mayo 2006

A sinceridade de Caixa Galicia

Para Caixa Galiza, As letras son algo máis que palabras No día das letras galegas, a Fundación Caixa Galicia publicou un anuncio que dicía

Para nós as letras son algo máis que palabras

daquela, que outras cousas poden ser as letras?

O dicionario Estraviz di:
Letra: Documento de uma operaçom de câmbio.

O dicionario da RAG di:
Letra (de cambio). Documento polo que unha persoa se compromete a pagar a outra certa cantidade de diñeiro.

Ca! que as letras eran algo máis que palabras xa o sabiamos todos os que temos créditos ou hipotecas en Caixa Galicia. Obrigado pola sinceridade!

servido por Rodrigo 5 comentarios compártelo

25 Mayo 2006

Primeira entrada dende A Marmita

Wifi de acceso libre.
Rúa Orzán, 114. A Coruña.

Onde queda A Marmita?

E de súpeto entra Amalia con outro portátil… (e non houbera ningún máis despois do técnico de R)

servido por Rodrigo 7 comentarios compártelo

28 Abril 2006

Malí en Santiago

Hoxe toca Toumani Diabate no Auditorio de Galicia.

Disque Toumani Diabate é á kora o que John Coltrane foi ao saxofón; así que xa sabedes: hoxe temos concerto dun músico excepcional.

servido por Rodrigo sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de Rodrigo

Berridos do sur

Corcubión, España
ver perfil »
contacto »
Libros que gostaria de ler…
As minhas fotos

Fotos

Rodrigo Varela Tabuyo todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera