Publicidad:
La Coctelera

Berridos do sur

Rosmando desde unha esquina esquecida de Europa

Categoría: Costa da Morte

24 Febrero 2006

Paseo con chuvia

Aburrido da cidade, veño para Corcubión. O primeiro que fixen foi pasear un rato polo Camiño de Santiago. Caeu unha boa, pero seguín camiñando amodo.

Acordei das moitas saídas con chuvia ao monte cando estudaba en Santiago. Os galegos que gostamos do sendeirismo estamos afeitos a chuvia... non nos queda outra!

Se o auga non cae moi forte, entre o orballo e a treboada, paga a pena saír a camiñar. Todo cheira distinto, o son da chuiva nas árbores é moi agradábel e a soidade convida a pensar amodo, a aquelar un pouquiño.

Espero que este ano chova abondo . Pode que así consigamos espantar ao turismo cutre de piso e praia que queren potenciar algúns na zona.

servido por Rodrigo sin comentarios compártelo

24 Enero 2006

Enganchado na Costa

Para un traballo que estamos a facer sobre a Costa da Morte tivemos que comunicarlle a unhas deseñadoras gráficas o que queriamos transmitir coa web. Mandeilles un correo cun pequeno texto e hoxe , cando falamos con elas por teléfono, dixeron que lles gostara moito.

Supoño que xa comenzo a ter interiorizada a Costa da Morte e teño que confesar que estou totalmente namorado da bisbarra. Espero poder establecerme definitivamente na Costa. Polo de agora, paciencia.

servido por Rodrigo 3 comentarios compártelo

28 Diciembre 2005

¡¡Ahhhhhggggg!!

Non podo evitalo. A medida que escolmamos información, resúltanos máis evidente o mal que andan as cousas na Costa da Morte.

servido por Rodrigo 2 comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de Rodrigo

Berridos do sur

Corcubión, España
ver perfil »
contacto »
Libros que gostaria de ler…
As minhas fotos

Fotos

Rodrigo Varela Tabuyo todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera