Publicidad:
La Coctelera

Berridos do sur

Rosmando desde unha esquina esquecida de Europa

Categoría: Lingua

28 Mayo 2006

Xornais en galego, problemas de usabilidade para os blogueiros.

Cando cito unha nova procuro enlazala á traduzón en galego, agora que teño a oportunidade. Pero estes sitemas de traduzón (De Dimensiona e Vieiros e o de Imaxin e A Voz) teñen algúns problemas de usabilidade para blogueiros.

O sistema de Dimensiona e Vieiros utiliza marcos, polo que coller a URL significa acceder ao código fonte da páxina e identificar o cacho de código correspondete. Poder, pódese facer; pero o traballo preciso é tan grande en comparación cun copia e pega da URL orixinal que choca frontalmente coa lei universal do mínimo mínimo esforzo. Os usuarios somos preguiceiros.

La Voz e Imaxín teñen un sistema que funciona mellor, xa que a URL da nova traducida é a que vemos na barra do navegador. Aínda así as novas da hemeroteca e do buscador non amosan tal botón de traduzón, aínda que si é posíbel traducilos fedellando nas URL. E non todo o mundo le ou cita as novas no mesmo día que se publican.

URL lista para enlazar coa traduzón ao galego

Eu lles pediría A Voz que me puxeran unha cookie para que sempre que accedese ao seu xornal detectase automáticamente que quero a versión en galego.

Aínda que postos a pedir máis, pediría simplemente que houbera máis novas escritas orixinalmente en galego.

servido por Rodrigo 4 comentarios compártelo

13 Abril 2006

Bitácora para solucionar dúbidas do galego

En Código Cero falan de Dúbidas, unha bitacora na que se irán comentando dúbidas sobre a nosa lingua.

Eu xa a teño engadida ás miñas ligazóns.

servido por Rodrigo 5 comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de Rodrigo

Berridos do sur

Corcubión, España
ver perfil »
contacto »
Libros que gostaria de ler…
As minhas fotos

Fotos

Rodrigo Varela Tabuyo todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera