Publicidad:
La Coctelera

Berridos do sur

Rosmando desde unha esquina esquecida de Europa

Categoría: Lusofonía

7 Marzo 2006

Unha razón para o reitengracionismo

Ao pesar de tantos séculos de abandono e da presión do castelán, o galego, aínda que deturpado, alenta, mais se non media unha solución para o acercar ao portugués pode que fique como unha lingua litúrxica para estudar nas universidades, como o latín

Isaac Díaz Pardo, na Voz de Galicia (6/3/2006)

Os que queremos o noso idioma é normal que esteamos preocupados polo seu futuro. Pola miña banda penso que ou demostramos que o galego é unha avantaxe competitiva, abríndonos á lusofonía, para o que é preciso un achegamento na escrita, ou o galego morre.

Aquí trátase de sumar e non de restar, como parecen pensar algúns.

servido por Rodrigo sin comentarios compártelo

21 Febrero 2006

Charla na Coruña sobre galego internacional

Hoxe ás 20:00 na Asociación O Facho, da Coruña, haberá unha charla sobre o galego internacional (o reintegracionista) titulada Razões do Reintegracionismo.

Eu irei, claro. Desde que utilizamos galego internacional, as entradas á paxina desde Brasil subiron 10 postos. Se o galego quere sobrevivir na sociedade do coñecemento, a normativa reintegracionista parece moito más axeitada.

servido por Rodrigo 4 comentarios compártelo

20 Febrero 2006

Televisión e radio portuguesa na Galiza

Leo en A peli do día unha entrada de hai un par de semanas sobre a televisión e radio portuguesas na Galiza.

Aquí todo o mundo quere ser políglota, pero cando se fala de aprender a variante portuguesa do galego-portugués, a moitos lles parece unha perda de tempo. Eu, se podo e os pais queren, procurarei que Roi o aprenda... e a televisión en portugués sería fantástica.

servido por Rodrigo sin comentarios compártelo

13 Febrero 2006

Galego internacional

Un coñecido contabanos este venres que el prefería a expresion "galego internacional" a galego reintegracionista. Paréceme un cambio de denominación moi intelixente.

servido por Rodrigo sin comentarios compártelo

15 Enero 2006

Terra sonâmbula

Non sabía nada de Mia Couto, o escritor moçambicano. Unha entrevista ao escritor en Tempos Novos fíxome ir ata a librería e comprar Terra Sonâmbula.

Esta visión da Guerra Civil de Moçambique a través dun rapaz e un vello disque é un dos mellores libros africanos do século XX. Moi recomendábel.

servido por Rodrigo sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de Rodrigo

Berridos do sur

Corcubión, España
ver perfil »
contacto »
Libros que gostaria de ler…
As minhas fotos

Fotos

Rodrigo Varela Tabuyo todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera