Ao pesar de tantos séculos de abandono e da presión do castelán, o galego, aínda que deturpado, alenta, mais se non media unha solución para o acercar ao portugués pode que fique como unha lingua litúrxica para estudar nas universidades, como o latín
Isaac Díaz Pardo, na Voz de Galicia (6/3/2006)
Os que queremos o noso idioma é normal que esteamos preocupados polo seu futuro. Pola miña banda penso que ou demostramos que o galego é unha avantaxe competitiva, abríndonos á lusofonía, para o que é preciso un achegamento na escrita, ou o galego morre.
Aquí trátase de sumar e non de restar, como parecen pensar algúns.
servido por Rodrigo
sin comentarios
compártelo
Co actual Estatuto de Autonomía os galegos temos o dereito a usar o galego. Tanto Fundación Iniciativas XXI como Foro Novo Estatuto recollen nas súas propostas o deber de coñecelo (Bases do Foro Novo Estatuto -PDF 160Kb- , Bases de Iniciativas XXI -PDF, 104Kb-). Paréceme xusto.
O profesor Carro, do Consello Consultivo, explícao moi ben:
se temos o dereito a utilizalo, pero os funcionarios non o coñecen ¿de que nos sirve?
Visto na Opinión da Coruña
servido por Rodrigo
2 comentarios
compártelo
Que a única lingua para as probas tipo test nas oposicións da Xunta vai ser o galego está a dar moito que falar. Rosman moitos dos de sempre: aqueles que comenzan a perder privilexios ou os da visión uniformadora de España.
Por outra banda, nunca escoitei queixas pola discriminación dos falantes de galego nos servizos públicos, onde non temos garantida a atención no noso idioma. Papeis exclusivamente en castelán e funcionarios que non saben galego hainos arreo. ¿Por que me obrigan a sentirme incomodo cando esixo que se me atenda no meu idioma?
Na Coz de Galicia rosman máis que ninguén, pero as veces hai opinións diverxentes. Hoxe Victor Freixanes falanos dun casamento en galego frustrado
servido por Rodrigo
2 comentarios
compártelo