Berridos do sur http://roicinho.lacoctelera.net Rosmando desde unha esquina esquecida de Europa es-es Fotografía http://s3.amazonaws.com/lcp/roicinho/myfiles/eu65x65.jpg Berridos do sur http://roicinho.lacoctelera.net the-shaker v0.1. More on http://www.the-shaker.com Feche e mudanza http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/05/30/feche-e-mudanza 2006-05-30T19:59:48+00:00 Levaba un tempo querendo cambiar, ter un dominio propio onde poder facer o que Arturo Cousino denomina "plantación de webs" (eu voulle chamar "leira de webs") e outros experimentos.

Así que abro unha nova etapa na que tenterei ser menos rosmón. Polo de agora, sigo nun novo blog que non ten nin nome... pero terá.

]]>
http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/05/30/feche-e-mudanza#comentarios
We Endure, ferramenta web para os deportistas http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/05/29/we-endure-ferramenta-web-os-deportistas 2006-05-29T20:26:39+00:00 Hai uns días que vira unha web para levar un rexistro persoal de marcas deportivas.

Case sempre que vexo algunha nova web deste tipo teño o mesmo problema: non hai unha motivación detrás para utilizala, polo que avaliala faise máis difícil. Ah! pero hoxe comencei a nadar, por recomendación do fisioterapeuta; así que xa teño unha escusa perfecta para abrirme unha conta.

E como non podía ser doutro xeito, para calquer web 2.0 que se precia, podes engadir etiquetas as túas marcas.

Será útil? o tempo dirá. Eu, mentras tanto, vou ver se paso de lorcho a atún.

]]>
http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/05/29/we-endure-ferramenta-web-os-deportistas#comentarios
todo isto ten sentido http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/05/29/-todo-isto-ten-sentido- 2006-05-29T12:57:26+00:00

Todo isto ten un sentido…

]]>
http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/05/29/-todo-isto-ten-sentido-#comentarios
Xornais en galego, problemas de usabilidade para os blogueiros. http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/05/28/xornais-galego-problemas-usabilidade-os-blogueiros- 2006-05-28T12:46:09+00:00 Cando cito unha nova procuro enlazala á traduzón en galego, agora que teño a oportunidade. Pero estes sitemas de traduzón (De Dimensiona e Vieiros e o de Imaxin e A Voz) teñen algúns problemas de usabilidade para blogueiros.

O sistema de Dimensiona e Vieiros utiliza marcos, polo que coller a URL significa acceder ao código fonte da páxina e identificar o cacho de código correspondete. Poder, pódese facer; pero o traballo preciso é tan grande en comparación cun copia e pega da URL orixinal que choca frontalmente coa lei universal do mínimo mínimo esforzo. Os usuarios somos preguiceiros.

La Voz e Imaxín teñen un sistema que funciona mellor, xa que a URL da nova traducida é a que vemos na barra do navegador. Aínda así as novas da hemeroteca e do buscador non amosan tal botón de traduzón, aínda que si é posíbel traducilos fedellando nas URL. E non todo o mundo le ou cita as novas no mesmo día que se publican.

URL lista para enlazar coa traduzón ao galego

Eu lles pediría A Voz que me puxeran unha cookie para que sempre que accedese ao seu xornal detectase automáticamente que quero a versión en galego.

Aínda que postos a pedir máis, pediría simplemente que houbera máis novas escritas orixinalmente en galego.

]]>
http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/05/28/xornais-galego-problemas-usabilidade-os-blogueiros-#comentarios
Quen puidera estar en Montreal http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/05/27/quen-puidera-estar-montreal 2006-05-27T14:56:26+00:00 Eu fico aquí, pero estarei pendente das aventuras de María en Montreal.

]]>
http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/05/27/quen-puidera-estar-montreal#comentarios
A sinceridade de Caixa Galicia http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/05/27/a-sinceridade-caixa-galicia 2006-05-27T13:18:48+00:00 Para Caixa Galiza, As letras son algo máis que palabras No día das letras galegas, a Fundación Caixa Galicia publicou un anuncio que dicía

Para nós as letras son algo máis que palabras

daquela, que outras cousas poden ser as letras?

O dicionario Estraviz di:
Letra: Documento de uma operaçom de câmbio.

O dicionario da RAG di:
Letra (de cambio). Documento polo que unha persoa se compromete a pagar a outra certa cantidade de diñeiro.

Ca! que as letras eran algo máis que palabras xa o sabiamos todos os que temos créditos ou hipotecas en Caixa Galicia. Obrigado pola sinceridade!

]]>
http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/05/27/a-sinceridade-caixa-galicia#comentarios
Primeira entrada dende A Marmita http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/05/25/primeira-entrada-dende-marmita 2006-05-25T19:28:20+00:00 Wifi de acceso libre.
Rúa Orzán, 114. A Coruña.

Onde queda A Marmita?

E de súpeto entra Amalia con outro portátil… (e non houbera ningún máis despois do técnico de R)

]]>
http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/05/25/primeira-entrada-dende-marmita#comentarios
Malí en Santiago http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/04/28/mali-santiago 2006-04-28T09:43:01+00:00 Hoxe toca Toumani Diabate no Auditorio de Galicia.

Disque Toumani Diabate é á kora o que John Coltrane foi ao saxofón; así que xa sabedes: hoxe temos concerto dun músico excepcional.

]]>
http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/04/28/mali-santiago#comentarios
Efectos secundarios do xersei de punto http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/04/26/efectos-secundarios-do-xersei-punto 2006-04-26T15:08:54+00:00 Se es un mozo sen principios, so tes que por o xersei axeitado.

]]>
http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/04/26/efectos-secundarios-do-xersei-punto#comentarios
Os blogues galegos máis populares http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/04/26/os-blogues-galegos-mais-populares 2006-04-26T09:26:40+00:00 Kedeune publica unha lista dos blogues galegos máis importantes, según technorati.

Visto en Código Cero

]]>
http://roicinho.lacoctelera.net/post/2006/04/26/os-blogues-galegos-mais-populares#comentarios