Fraga vende o pouco que nos queda
Leo en Vieiros que a Xunta adxudica as licencias TDT á Voz e á Cadena Cope.
Fora do concurso queda a proposta dun grupo integramente galego (Filmax, El Correo Gallego, La Región, Grupo Progreso, El Ideal Gallego, Faro de Vigo e mailo empresario coruñés Juan Luís Cebrián).
Esta decisión deixa fora unha proposta que tería creado máis postos de traballo en Galicia, xa que a programación estaría producida no país.
Parece que foi unha decisión persoal de Fraga, afirma Galicia Hoxe.
O grupo galego propoñía unha programación con máis do 70% no noso idioma, fronte a presencia minoritaria do galego da proposta da COPE (a programación desta última estará feita en Madrid, aproveitando a infraestructura de Popular TV).
Unha decisión máis detde home, que por sorte marcha, que non axuda á nosa economía nin á nosa cultura.
Actualización:
A Voz xa dá a nova da concensión. A Cope xa a mirei esta mañá e teño ración de abondo para o vindeiro ano.

murciano dijo
¿Ves como se te ve el plumero?. Al final eres un cantamañanas político, como se sabía desde un principio, sin más opinión que la de tu ideología. Espero que justifiques lo que contastes del hotel en Murcia, aunque creo que es difícil que puedas hacerlo. Todo era mentira.
28 Julio 2005 | 12:25 PM