Unha razón para non deixar Granada
Mentras daba unha volta en bici arredor de casa, puiden ver 7 paspallases e 2 cabras montesas cuns cornos enormes. Cando xa pensei que tiña cuberto o meu cupo zoolóxico do día e baixaba para casa, atopei un grupo de 5 cabuxiñas ás beiras do camiño. Tiñan os ollos enoooormes e cara de susto. Curiosamente non se moveron moito mentras eu quedei parado. Unha mágoa non ter a cámara.
Non entendo por que na Galiza nunca vira algo semellante, tendo saído tantas veces ao monte. Aquí é bastante normal atopar animais (cuadrúpedos) no monte. Será que Fraga aínda ten unha puntería de medo pese á súa idade. Pobres bichos.

dimasiado dijo
Pois será porque non saes últimamente ó monte na Galiza. O despoboamento do eido rural fai que cada vez véxanse máis animais, de feito eu cruceime en Irixoa cun corzo nunha zona máis ou menos habitada e os meus pais e a xente de aló din que son bastante habituais xunto cos porcos bravos. Tamén tivemos un encontro curioso en Mera, na praia de Canabal cando xa case non quedaba xente na praia vimos un animal nadando preto da beira, achegámonos e vimos que era un mamífero, supoñemos que unha londra xa que, que eu saiba, os visóns, furóns e demais viven a carón dos ríos non do mar.
2 Septiembre 2005 | 09:53 AM