O Levante asolagado
O ano pasado tiña unha libreta onde ía apuntando o número de veces que saían no telexornal as inundacións no Levante. Pero houbo sequía e non foron un problema. Este ano parece que non vai ser así.
Sempre pensei que estas cousas eran culpa do tempo, que non se podía controlar. Agora comprendo que as infraestructuras non están preparadas.
Cando vamos a casa dos pais de María temos que cruzar un regato por unha pequena plataforma de hormigón duns 30 cm. de altura. Cando chove non hai quen pase, o regato convírtese en río. Tódolos anos igual, no camiño principal entre Málaga e Alhaurín el Grande.
Por que non se fan mellor as cousas? calquer enxeñeiro sabe que hai prácticas moi comúns nas obras públicas: nos proxectos consta unha cousa pero se contrúe outra máis barata. Comprar o silencio dos inspectores de obras non parece moi complicado, polo que contan. E todo este xogo é con cartos públicos.
E non se fará nada ata que pase algo grave... pero, non foi o que aconteceu no Carmel algo do estilo?
