Manolo Rivas e Alejo Vidal Quadras
Un artigo de Rivas en El País no que facía referencia a Vidal Quadras, provocou a contestación deste último.
En Periodista Digital podedes seguir a historia completa.
Non vou tomar partido por un ou por outro. O único que quero dicir é o medo que meten algúns dos comentarios sobre o asunto. Canto insulto gratuito e canda carraxe hai nalgúns sectores da sociedade española. A metáfora do doberman que fixera o PSOE, aínda que desafortunada, pode que non estivera tan equivocada.
Espero que os que somos de esquerdas, galeguistas ou nacionalistas, evitemos este camiño tan perigoso. Como se dicía nalgún dos comentarios, parece que hai xente que nos quere mandar ao paredón.
