Definición de nación, según a RAE
- Nación
- Conjunto de personas de un mismo origen y que generalmente hablan un mismo idioma y tienen una tradición común.
Trátase da terceira acepción recollida pola Real Academia Española. Daquela, cal é o problema? Non hai en Europa un país composto por 4 nacións?
Non entendo como non se pode debatir este tema con algo máis de calma. As veces teño a sensación que no PP aínda queda xente que pensa que se cedeu demasiado na Transición.

Xosé Lois dijo
Pois xa vés, hai xente para todo. Pero hai que ter en conta que, ainda que lle digan esto ós outros, os que foron sempre os do "NO" (salvo cando gobernan eles, claro) son os do PP.
Agora seguro que han dicir que a RAE está dirixida por un fanático que quere desfacer España, polo feito de teren esa acepción recollida no dicionario.
Eu non esperaba menos deles... nin tampouco de La Voz de Galicia. Este tema xa o temos debatido miles de veces e, os do "NO", nunca atopan recursos para rebater, có cal, o único recurso que lles queda é o da pateleta e a incongruencia... menos cavilar, estes fan de todo :))
5 Octubre 2005 | 07:20 PM