Terra sonâmbula
Non sabía nada de Mia Couto, o escritor moçambicano. Unha entrevista ao escritor en Tempos Novos fíxome ir ata a librería e comprar Terra Sonâmbula.
Esta visión da Guerra Civil de Moçambique a través dun rapaz e un vello disque é un dos mellores libros africanos do século XX. Moi recomendábel.
