Paseo con chuvia
Aburrido da cidade, veño para Corcubión. O primeiro que fixen foi pasear un rato polo Camiño de Santiago. Caeu unha boa, pero seguín camiñando amodo.
Acordei das moitas saídas con chuvia ao monte cando estudaba en Santiago. Os galegos que gostamos do sendeirismo estamos afeitos a chuvia... non nos queda outra!
Se o auga non cae moi forte, entre o orballo e a treboada, paga a pena saír a camiñar. Todo cheira distinto, o son da chuiva nas árbores é moi agradábel e a soidade convida a pensar amodo, a aquelar un pouquiño.
Espero que este ano chova abondo . Pode que así consigamos espantar ao turismo cutre de piso e praia que queren potenciar algúns na zona.
