Galiza? Galicia?
Fedellando no meu Flickr, comencei a meter as fotos en grupos. Para as de temática galega busquei os grupos Galiza e Galicia.
O grupo más activo? Galiza, con 123 membros fronte a 109, e 2420 fotos fronte a 1460.
E todo isto tendo en conta que a xente de fora do país probablemente se una ao grupo Galicia.
Semella que hai unha fenda xeneracional na visión do país, pero que cada quen saque as súas conclusións (para o que é imprescindible botarlle unha ollada ao tremendo traballo que está a facer Calidonia).

Nemigo dijo
ola,
teño páxina en flickr e pasoume o mesmo ca ti ao ter que subir as fotos. As que fago de galiza como tag emprego ise: galiza. Tanto me ten que non saiban tal ou busquen por galicia. O que está interesado sabe atopalas que escondidas non están
Polo que teño visto os de fora titulan galicia pero tamen engaden spain que non sei se aos que titulan españa lles vale
saúdos
3 Mayo 2006 | 10:11 PM