A sinceridade de Caixa Galicia
No día das letras galegas, a Fundación Caixa Galicia publicou un anuncio que dicía
Para nós as letras son algo máis que palabras
daquela, que outras cousas poden ser as letras?
O dicionario Estraviz di:
Letra: Documento de uma operaçom de câmbio.
O dicionario da RAG di:
Letra (de cambio). Documento polo que unha persoa se compromete a pagar a outra certa cantidade de diñeiro.
Ca! que as letras eran algo máis que palabras xa o sabiamos todos os que temos créditos ou hipotecas en Caixa Galicia. Obrigado pola sinceridade!

chuza.org referenció
A sinceridade de Caixa Galicia
Caixa Galicia recoñece que é o que realmente lle interesa
28 Mayo 2006 | 12:25 AM