We Endure, ferramenta web para os deportistas
Hai uns días que vira unha web para levar un rexistro persoal de marcas deportivas.
Case sempre que vexo algunha nova web deste tipo teño o mesmo problema: non hai unha motivación detrás para utilizala, polo que avaliala faise máis difícil. Ah! pero hoxe comencei a nadar, por recomendación do fisioterapeuta; así que xa teño unha escusa perfecta para abrirme unha conta.
E como non podía ser doutro xeito, para calquer web 2.0 que se precia, podes engadir etiquetas as túas marcas.
Será útil? o tempo dirá. Eu, mentras tanto, vou ver se paso de lorcho a atún.

Mariuca dijo
Así que nadando... ay, cuánto he tenido que esperar!!!. Tendré que retomarlo yo y a ver si comparamos nuestra evolución.
29 Mayo 2006 | 10:34 PM