Efectos secundarios do xersei de punto
Se es un mozo sen principios, so tes que por o xersei axeitado.
26 Abril 2006
Se es un mozo sen principios, so tes que por o xersei axeitado.
26 Abril 2006
Kedeune publica unha lista dos blogues galegos máis importantes, según technorati.
Visto en Código Cero
21 Abril 2006
Hai uns meses preguntabamos por nomes para o noso sobriño. Ao final vai ser Roi e ten bitácora de seu. Polo de agora, nada máis que unha ecografía, pero espero que vaia medrando pouco a pouco.
19 Abril 2006
Levo días durmindo mal. Desde que estou nesta nova habitación esperto varias veces polas noites e ao amencer apenas teño forzas para me erguer.
Teño que solucionalo porque apenas rindo o resto do día. Decidín probar co Feng Shui. Contos de vellas dirán algúns, pero eu cada día confío máis nestas outras "ciencias". Polo xeral o occidente civilizado non cre máis que en datos tabulados e fórmulas . Eu penso que a natureza é demasiado complexa e o método científico nada máis que un camiño dos moitos existentes para tentar comprendela, non a explicación definitiva. Cada civilización analiza a Natureza e codifica e transmite os seus coñecementos de distintos xeitos.
O Feng Shui é complexo; por sorte, atopei certa información sinxela respecto as habitacións.
Dareille a volta a cama e dun so paso oriento a cama ao sur e a separo de enchufes, aparellos e o baño. Confío en comenzar a durmir un pouco mellor.
18 Abril 2006
Hai 10 anos, nun concerto de Abe Rádabe na Borriquita de Belem (Santiago), coñecín a Jesse Lichtenstein. Era un estudante de Harvard que se estaba a gañar uns cartos revisando a información publicada nunhas guías turísticas. Un deses traballos que a todo estudante lle gostaría ter.
Ao día seguinte xantamos no piso que eu compartía cuns amigos en Santiago. Tamén fixemos un intercambio de libros: el levou un libro moi entretido sobre a historia de España e eu quedei con The New York Trilogy de Paul Auster, e Daisy Miller de Henry James. Despedímonos e non volvimos vernos ata uns anos máis tarde. Agora non sei por onde andará.
The New York Trilogy linna na liña 6 e a 10 do Metro de Madrid, de Puerta del Ángel a Cuzco, ida e volta, 5 días á semana; luces fluorescentes, ruido mecánico e unha masa impersoal ambientaban a novela.
Daisy Miller viaxou moito conmigo e sempre estaba presenta onde eu estivera porque era moi pequecho e se podía transportar con comodidade. O tamaño tamén lle daba aspecto de belisco de literatura, un libriño para ler nunha carreiriña de can. Supoño que esta foi a razón polo que sempre fun adiando a súa lectura.
Este domingo mentras esperaba a Dimas, vinno enriba dunha caixa e decidín que xa era hora. Onte pola noite, 10 anos despois, por fin rematei o outro agasallo de Jesse.
18 Abril 2006
Na lista de radios do iTunes descubrín African Music Radio. Levo un par de días a escoitala e éche moi alegre. Non é paradóxico que un continente tan maltratado teña músicas populares tan alegres?
13 Abril 2006
En Código Cero falan de Dúbidas, unha bitacora na que se irán comentando dúbidas sobre a nosa lingua.
Eu xa a teño engadida ás miñas ligazóns.
31 Marzo 2006
Para todos nós, e grazas á Vieiros e Dimensiona, podemos desfrutar aínda máis dun dos nosos iluminados favoritos: agora Federico Jiménez Losantos pode lerse en galego.
Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):